Thursday 16 de May de 2024

Comeza a funcionar a empresa municipal de auga


Aquaoleiros, empresa pública de titularidade municipal, comezará a xestionar o servizo de abastecemento de auga aos domicilios desde mañá mércores 20 de xullo. Os veciños e veciñas non terán que realizar ningún cambio, simplemente se notará que o formato do recibo cambiará a partir da trismetralidade que se emite no mes de setembro.

A atención presencial pasará a realizarse na terceira planta do edificio de Facenda Municipal, na avenida Francisca Herrera, en horario de 8:30 a 13:30 horas. Tamén é posible dirixirse a Aquaoleiros a través do teléfono 981610602 ou do correo electrónico aquaoleiros@aquaoleiros.gal.

Para mellorar este imprescindible servizo público, o Goberno municipal optou pola munipalización. O Concello de Oleiros conta cunha importante infraestrutura formada por 7 depósitos de auga, 6 bombebos e unha rede de tuberías de máis de 300 km de lonxitude.